Select Page

COGAVE – Confederación Galega de Asociacións Veciñais

Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dá comezo hoxe a quinta edición do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero”, que este ano engade o lema

“Por todo o camiño que nos queda por percorrer”.

Aínda que o acto oficial de inauguración destas xornadas terá lugar o vindeiro martes 18 na cidade de Ourense, por motivos de axenda a programación inicia hoxe, luns 17, na cidade de Ferrol.

Desde a COGAVE queremos destacar a máxima relevancia deste programa, dada a gravidade e a persistencia da violencia de xénero, unha realidade que seguimos padecendo día a día en toda a sociedade e que require firmeza, compromiso e acción continuada.

Compartimos o cartel correspondente ás actividades de hoxe, convidando á cidadanía a participar e a implicarse activamente na loita contra esta lacra social.

GalegoEspañol