Select Page

Nota informativa da COGAVE

IV Convención Estatal do Amianto en Sabadell

O pasado sábado 18 de outubro de 2025 celebrouse en Sabadell a IV Convención Estatal do Amianto, organizada pola Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e outras entidades colaboradoras.

O encontro contou coa participación de máis de 180 representantes veciñais, sindicais e municipais de todo o Estado. O seu obxectivo principal foi reclamar ás administracións públicas a aprobación dunha lei integral que permita erradicar o amianto das cidades e garantir a atención ás persoas afectadas por este material tóxico.

Durante a xornada, manifestouse a preocupación polo incumprimento dos prazos legais establecidos para a eliminación total do amianto —2028 para edificios e espazos públicos, e 2032 para o resto de instalacións—, advertindo de que moitos concellos aínda non completaron o “censo do amianto” obrigatorio, que debería estar finalizado hai dous anos.

A Convención puxo de relevo a magnitude do problema, especialmente en Cataluña, onde se calcula que existen preto de 4 millóns de toneladas de fibrocemento, unha cantidade equivalente á superficie de 6.000 campos de fútbol.

O obxectivo final marcado polas entidades participantes é claro: acadar a eliminación total do amianto dos nosos barrios antes de 2032.

COGAVE – Confederación Galega de Asociacións Veciñais

Processed with MOLDIV
GalegoEspañol