A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» denuncia a falta de persoal, que é «alarmante e crónica, con tempos de atención insuficientes e listas de agrada de meses».
Desde esta entidade, presidida por Dna. María Asunción Pérez González, manifestan que «esta situación é inaceptable. Servizos privatizados que agravan a situación e fan que a atención sexa cada vez máis difícil de acceder para quen o necesita.
É fundamental que se atenda de maneira urxente este problema. Non podemos permitir que as persoas máis vulnerables sigan sendo esquecidas. O benestar dos maiores e dependentes non debe depender das circunstancias que lle toquen vivir, senón dunha estructura pública que lles garanta unha atención digna e eficaz. Solventar esta crise debe ser unha prioridade para asegurar que ningúen quede atrás.»
