Select Page

Hoxe, luns 21 de outubro, a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -membro da CoGaVe-, mantivo unha xuntanza con Dna. Noemí Díaz, responsable de Infraestructuras e Mobilidade no Excmo. Concello de A Coruña.

Os asuntos tratados foron a iluminación de diferentes barrios da cidade, temas de circulación nalgunhas rúas, os parkings, cuestións sobre o servizo de transporte público -autobuses- e as luces de Nadal, entre outros.

GalegoEspañol