A reunión rematou coa entrega a Lores dos dous primeiros tomos de ‘Aller de Cerponzóns’, un traballo realizado por Juan José Esperón Recarey.

01/oct/24 – 17:30
Actualizado: 01/oct/24 – 17:32
A Asociación de Veciños O Chedeiro, de Cerponzóns, pon deberes ao alcalde de Pontevedra. Pídelle que reclame o traspaso do antigo tramo da N-550, situado no lugar de Tilve, onde se atopa a Ponche de Malvar<>, construída no século XVIII.
O colectivo veciñal asegurou que Miguel Anxo Fernández Lores mostrouse «moi receptivo» con esta reivindicación, que lle trasladaron varios directivos da asociación. No encontro celebrouse este martes na sede de Michelena 30. E ademais do rexedor do BNG, no encontro estaban a concelleira do Rural, María Xosé; a presidenta do Chedeiro; Liliana Casás, e a vicepresidenta e o secretario do colectivo, Ángeles e Juan José Esperón, respectivamente.
Ademais de confirmar que este mes se fará o enganche das vivendas ao saneamento e de que se colocará nova sinalización para evitar o paso de camións en Leborei, os veciños tamén pediron ao alcalde que converta os terreos do antigo vertedoiro do Rapadiño nun espazo de lecer para Cerponzóns.

A reunión rematou coa entrega a Lores dos dous primeiros tomos de em <>Aller de Cerponzóns, un traballo realizado polo secretario da asociación, Juan José Esperón, no que se recollen todas as noticias relacionadas coa parroquia publicadas en prensa escrita entre 1852 e 1959.
FONTE: O DIARIO DE PONTEVEDRA. 1/10/2024.