Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 17 de novembro de 2021. Vigo
A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé -de blusa rosa e chaqueta blanca-; Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, á súa dereita; e Dna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións veciñais «Eduardo Chao» de Vigo -de abrigo blanco, á súa esquerda-. Con elas, á esquerda, Dna. Annie Buquet Segarra; Dna. Paula Suárez Gullón; e Dna. Almudena Álvarez Carrera -de esquerda a dereita da imaxe-.Máis asistentes e profesionais participantes na xornada de hoxe en VigoDna. María José Villamarín Santomé -no centro da imaxe-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», durante a presentación da xornada de hoxe en Vigo. Á súa dereita, Dna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo chao» de Vigo; e á súa esquerda, Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en PontevedraDna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo -á esquerda da imaxe- durante a presentación da xornada; con Dna. María José Villamarín Santomé -no centro da fotografía-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; e Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en PontevedraDna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, durante a presentación da xornadaDna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervenciónDna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervenciónDna. Almudena Álvarez Carrera durante a súa intervenciónA coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, con varios asistentes á xornadaCartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, mércores 17 de novembro de 2021, en Vigo
Hoxe, mércores 17 de novembro de 2021, celebramos a cuarta xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» pertencente ó convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e execución dun programa de prevención e sensibilización contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.
A xornada de hoxe tivo lugar en Vigo, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia -Rúa Concepción Arenal, 8. 36.201, Vigo, Pontevedra-; e estivo presentada pola coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé; e contou tamén coa participación da Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo, Dna. María Asunción Pérez González; así como da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, Dna. Marta Mariño Regueiro.
A xornada de hoxe consistiu nunha exposición e posterior coloquio dirixido por catro profesionais, baixo un enfoque multidisciplinar. As profesionais que nos acompañaron foron:
Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga especialista en intervención social.
Dna. Almudena Álvarez Carrera, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.
Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área de Violencia de Xénero.
Dna. María del carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.
O público asistente foi moi numeroso, e tanto feminino como masculino, e participaron activamente do coloquio que se xerou ó remate das intervencións das catro profesionais.