Select Page

A COGAVE celebra hoxe e mañá as Xornadas Galegas sobre Medio Ambiente e Vivenda

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (COGAVE) celebra hoxe e mañá unhas novas Xornadas Galegas sobre Medio Ambiente e Vivenda, dous encontros necesarios para analizar algunhas das cuestións máis determinantes para o presente e o futuro das nosas comunidades.

Ao longo destas dúas xornadas abordaranse temas fundamentais como o compromiso co medio ambiente, a sostibilidade, e tamén o dereito a unha vivenda digna e accesible, un dos retos sociais máis relevantes da actualidade.

O obxectivo destas xornadas é crear un espazo de encontro, reflexión e diálogo no que participen representantes institucionais, profesionais, expertos e, por suposto, o movemento veciñal galego, eixo central da defensa dos intereses cidadáns nos barrios e parroquias de Galicia.

Con esta iniciativa, a COGAVE reafirma o seu compromiso coa participación social e coa busca de solucións colectivas para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

GalegoEspañol