Select Page

«O lateral dereito en sentido ascendente carece de beirarrúas, o que supón un problema para os peóns», explican.

12 Feb. 2025.

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa insta á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo a acometer melloras na Rúa Manuel Murguía, debido á ausencia de beirarrúa nun dos seus marxes.

«O lateral dereito en sentido ascendente carece de beirarrúas, o que supón un problema para os peóns», explican, por iso piden que se repare urxentemente esta situación, «xa que por esta rúa transita diariamente un número significativo de persoas e vehículos».

Concretamente, a vía conecta o Barrio da Milagrosa e o Centro co Barrio de Paradai, «o que incrementa a súa importancia dentro da mobilidade urbana da cidade», sosteñen.

Por todo isto, a Asociación de Veciños insiste en que se inclúan as obras necesarias nos orzamentos municipais do ano 2025 para solucionar esta problemática e mellorar a seguridade e accesibilidade da zona.

FONTE: LUGOXA. 12/02/2025.

GalegoEspañol