Select Page
A Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -membro da CoGaVe- organiza esta xornada para reflexionar sobre o futuro da mobilidade na cidade de A Coruña e como avanzar cara a un modelo máis sostible, inclusivo e saudable.

Terá lugar o vindeiro martes 17 de decembro de 2024, de 18:00 a 19:40 h, no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2, A Coruña).

Programa da Xornada

18:00 h – Apertura
María Luisa Varela Ínsua, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

18:10 h – Conferencia: «Desafíos e solucións para unha mobilidade sostible na Coruña»
Noemí Díaz Vázquez, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña.

18:50 h – Conferencia: «O transporte público, piar da sostibilidade urbana»
Ignacio Prada Vázquez, director da Compañía de Tranvías de La Coruña.

19:30 h – Clausura
María Luisa Varela Ínsua, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

A mobilidade sostible non só é esencial para frear o cambio climático, senón tamén para garantir a calidade de vida e a xustiza social na Coruña. Este encontro é unha oportunidade para debater, reflexionar e propoñer ideas xunto aos representantes institucionais e axentes sociais.

GalegoEspañol