Select Page

8 DE MARZO – A VOZ DO MOVEMENTO VECIÑAL GALEGO

Neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a directiva da Confederación Galega de Asociacións

Veciñais Rosalía de Castro (COGAVE) quere expresar publicamente o seu compromiso firme e continuado coa

igualdade real entre mulleres e homes.

O movemento veciñal galego non sería o que é sen a presenza, o traballo e a entrega das mulleres. Son elas

quen, ao longo de décadas, sostiveron asociacións, impulsaron iniciativas sociais, defenderon servizos

públicos, organizaron redes de apoio e estiveron na primeira liña cando fixo falta dar un paso adiante polos

dereitos da veciñanza.

Hoxe vivimos tempos de incerteza nos que determinados discursos pretenden minimizar ou cuestionar

avances que custaron anos de loita e esforzo colectivo. Desde a COGAVE temos claro que non podemos

permitir nin un paso atrás. A igualdade non é unha opción ideolóxica: é unha cuestión de xustiza democrática

e de dignidade social.

Defendemos barrios seguros para todas, espazos de participación onde as mulleres teñan voz e capacidade

de decisión, políticas públicas que recoñezan o valor dos coidados e medidas efectivas contra calquera

forma de violencia machista. Apostamos por unha sociedade onde as novas xeracións medren en igualdade,

respecto e corresponsabilidade. Como directiva da COGAVE reafirmamos que o feminismo forma parte do

ADN do movemento veciñal: porque significa participación, significa comunidade e significa defensa do ben

común.

Este 8M queremos agradecer o labor silencioso e constante de tantas mulleres veciñais que, día tras día,

constrúen cohesión social desde os barrios e parroquias de Galicia.

Seguiremos traballando por unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis democrática.

GalegoEspañol