Clausura da quinta edición do programa
“Xuntos contra a Violencia de Xénero”
Ano 2025
Chegamos ao acto de clausura da quinta edición do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero”, un espazo de reflexión, aprendizaxe e compromiso colectivo que, por quinto ano consecutivo, percorreu toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas xornadas non son un punto final, senón unha pausa necesaria para mirar o camiño xa andado e, sobre todo, para tomar conciencia de todo o camiño que aínda nos queda por percorrer. A violencia de xénero segue a ser unha realidade complexa, profunda e estrutural que esixe respostas coordinadas, sostidas no tempo e baseadas no coñecemento rigoroso e na implicación social.
No ano 2025, coma nos anteriores anos, este programa conta co apoio das sete federacións veciñais integradas na COGAVE, e co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración económica procedente do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Cómpre salientar tamén a colaboración dos distintos concellos e de cargos públicos de todos os signos políticos, demostrando que a loita contra a violencia de xénero é e debe ser unha causa común, allea a calquera división partidaria.Ao longo deste ano organizáronse un total de dez xornadas, que se converteron en auténticos foros de análise plural e rigorosa. Nelas participaron especialistas dos ámbitos da Psicoloxía e do Dereito, así como profesionais das U.F.A.M. e de Participación Cidadá das Comisarías do Corpo Nacional de Policía; e da unidade de VioXén da Garda Civil. A diversidade de perfís e experiencias permitiu abordar a prevención, a intervención e a atención ás vítimas desde unha perspectiva integral, coordinada e realista.
Todas as xornadas estiveron presentadas pola directora do programa, María José Villamarín Santomé, Vicesecretaria da C.E.A.V., cuxo labor constante e comprometido foi clave para garantir a coherencia, a calidade e o sentido global desta iniciativa.
Desde o movemento veciñal reafirmamos hoxe o noso compromiso firme e continuado coa erradicación da violencia de xénero. Sabemos que a sensibilización, a formación e a cooperación institucional son ferramentas imprescindibles, pero tamén sabemos que sen unha sociedade informada, implicada e activa, non será posible avanzar.
Por iso, esta clausura é tamén unha chamada á responsabilidade colectiva. A seguir traballando xuntos, con rigor, con claridade e con determinación, para construír unha Galicia máis xusta, máis igualitaria e libre de violencia contra as mulleres.
Moitas grazas a todas as persoas, entidades e institucións que fixeron posible esta quinta edición. Seguimos.
Participación nas Xornadas do ano 2025
No marco do ano 2025, o programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero” desenvolveuse a través de dez xornadas celebradas en distintos puntos da xeografía galega, reafirmando o seu carácter descentralizado, participativo e próximo á cidadanía, especialmente ao movemento veciñal.
As xornadas celebráronse nos seguintes lugares e datas:
1. Ferrol
Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol “Roi Xordo”.
Centro Cultural Carvalho Calero.
17 de novembro de 2025.
2. Ourense
Asociación Veciñal “Os Montes”, integrada na Federación Provincial de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense.
Local da Asociación.
18 de novembro de 2025.
3. Sigrás, Cambre (A Coruña)
Asociación Veciñal de Sigrás “O Gaiteiro”, integrada na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área
Metropolitana.
Local da Asociación.
24 de novembro de 2025.
4. Vigo – Coia
Asociación Veciñal “Camiño Vello”, integrada na Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de
Vigo (FAVEC).Local da Asociación.
25 de novembro de 2025, coincidindo coa conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da
Violencia contra as Mulleres.
5. Vigo – Lavadores
Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, integrada na Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo
Chao” de Vigo (FAVEC).
Local da Asociación.
26 de novembro de 2025.
6. A Coruña
Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.
Local da Federación.
28 de novembro de 2025.
7. Labañou, A Coruña
Asociación Veciñal “Francisco Rodríguez Otero” (Labañou, San Roque, Cidade Escolar e Os Rosais), integrada na
Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.
Local da Asociación.
11 de decembro de 2025.
8. San Vicente de Cerponzóns, Pontevedra
Asociación Veciñal “O Chedeiro” de Cerponzóns, integrada na Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”.
Local da Asociación.
12 de decembro de 2025.
9. Bóveda, Amoeiro (Ourense)
Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva “A Laxa” de Bóveda, Amoeiro, integrada na Federación Provincial deAsociacións Veciñais “Limiar” de Ourense.
Local da Asociación.
16 de decembro de 2025.
10. Pontevedra
Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra “Castelao”.
Local da Federación.
19 de decembro de 2025.
Esta ampla participación territorial evidencia a forza do tecido veciñal galego e o seu compromiso activo na prevención e erradicación da violencia de xénero, consolidando estas xornadas como un referente de traballo comunitario, coordinación institucional e implicación social en toda Galicia.
